tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

O VENRES 10 DE SETEMBRO ENTRAN EN VIGOR OS HORARIOS DE INVERNO DO TRANSPORTE URBANO 2010-2011

06/09/10

O vindeiro 10 de setembro entrarán en vigor como cada ano os horarios de inverno no transporte urbano. Consulten os cambios máis destacables e a información completa nos documentos que se achegan.

Para a confección destes novos horarios de inverno, tivéronse en conta dúas premisas fundamentais:
  • Por un lado, e como resultado das enquisas realizadas o pasado ano, pretendemos dar saída ás principais peticións dos cidadáns, centrando os cambios  tanto na adecuación dos horarios aos tempos reais das liñas (para facer máis fiable o servizo) como para atender aos centros xeradores e atractores de viaxeiros.
  • En segundo lugar, a empresa municipal TUSSA concretou pequenos cambios, que expoñeremos a continuación, para continuar co proceso de optimización dos recursos, iniciado o pasado ano.

Debemos ter en conta que o Concello de Santiago está en pleno proceso de licitación do PMUS (plan de mobilidade sostible), que a bo seguro adecuará a nosa rede de transporte ás distintas transformacións que se están a facer na cidade. 

Lembramos que agora mesmo estase a traballar na instalación do novo SAE (sistema de axuda á explotación) e 12 novos postes informativos. 

Para coñecer toda a información poden consultar a nosa páxina web www.tussa.org. Ademais editaranse 30.000 folletos informativos que estarán a disposición dos usuarios a partir desta mesma semana nos propios autobuses, nas oficinas de TUSSA, na estación de autobuses, na oficina de Atención ao Cidadán e na casa das Asociacións.  

Así mesmo, nos vindeiros días e nas zonas que teñan algunha modificación, resaltaranse os cambios nas marquesiñas do transporte urbano das zonas implicadas nos cambios. 

Por último lembrar que a empresa operadora Tralusa pon á súa disposición o teléfono 901 120 054 os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo, teléfono no que lles poderán informar de horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada. 

Consulten os cambios máis salientables e a información completa nos documentos que se achegan.


Documentación