tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos de transporte urbano os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro

21/12/11

Consulten os horarios de inicio e remate das distintas liñas do transporte urbano os días 24, 25 e 31 de decembro de 2011, así como o 1 de xaneiro de 2012.

DÍAS 24 E 31 DE DECEMBRO:

Nas liñas que non se indican de seguido, os servizos serán os habituais dun sábado.

 

* Liña 1: derradeiras saídas do polígono do Tambre e do hospital Clínico, ás 21.00 h.

* Liña 4: derradeiras saídas do Romaño e das Cancelas, ás 21.00 h.

* Liña 5: derradeiras saídas de Vite e da Rocha, ás 21.20 h.

* Liña 6: derradeira saída de San Marcos ás 21.00 h; derradeira saída dos Tilos ás 21.15 h.

* Liña 7: derradeira saída de San Roque ás 21.00 h; derradeira saída de Aríns ás 20.30 h.

* Liña 8: derradeira saída de Belvís ás 21.00 h; derradeira saída de Vidán ás 20.30 h.

* Liña 13: derradeira saída da Senra cara tanatorio ás 19.30 h; derradeira saída do tanatorio ás 20.00 h.

* Liña C2: derradeira saída da estación de autobuses ás 20.15 h.

* Liña C11: derradeira saída de Fontiñas ás 21.15 h.

* Liña P1 (Figueiras): derradeira saída de San Roque ás 19.30 h; derradeira saída de Figueiras ás 20.00 h.

* Liña P2 (Ortoño): derradeira saída da estación de autobuses ás 20.15 h; derradeira saída de Ortoño ás 21.00 h.

* Liña P3 (Susana): derradeira saída de San Roque ás 20.30 h; derradeira saída da Susana ás 21.00 h.

* Liña P7 (Peregrina): suprímense os servizos da noite, con saída de Porta do Camiño ás 21.30 h e saída da Peregrina ás 22.00 h.

 

 

DÍAS 25 DE DECEMBRO E 1 DE XANEIRO:

Nas liñas que non se indican, os servizos serán os habituais dun domingo.

 

* Liña 1: primeiras saídas do polígono do Tambre e do hospital Clínico, ás 10.00 h.

* Liña 4: primeira saída do Romaño ás 10.00 h e das Cancelas ás 10.30 h.

* Liña 5: primeiras saídas de Vite e da Rocha, ás 10.00 h.

* Liña 6: primeira saída de San Marcos ás 10.00 h e dos Tilos ás 10.15 h.

* Liña 8: primeira saída de Belvís ás 10.00 h e de Vidán ás 10.30 h.

* Liña C2: primeira saída da estación de autobuses ás 10.15 h.

* Liña C11: primeira saída de Fontiñas ás 10.00 h.

* Liña P1 (Figueiras): primeira saída de San Roque ás 10.30 h e de Figueiras ás 11.00 h.

* Liña P2 (Ortoño): primeira saída da estación de autobuses ás 9.30 h e de Ortoño ás 10.00 h.

* Liña P3 (Susana): primeira saída de San Roque ás 10.00 h e da Susana ás 10.30 h.