tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas C2 e C4 do transporte urbano (do sábado 31/3 ao 11/4)

09/04/12

Debido ás obras que se están a realizar na Avda. do Camiño Francés, esta avenida quedará cortada ao tráfico desde o sábado 31 de marzo ata o mércores 11 de abril. As liñas C2 e C4 realizarán o seguinte desvío:

Liña C2: saída da estación de autobuses e itinerario habitual por San Caetano e inicio do Camiño Francés para desviarse por rúa Monte dos Postes, rúa de Valiño e itinerario habitual cara a rúa de Roma.

Liña C4: itinerario habitual ata a rúa de Roma, para desviarse por rúa de Valiño, rúa das Fontiñas, rúa Fonte dos Concheiros, Avda. Rodríguez de Viguri e entrada á estación de autobuses.

As paradas do transporte urbano situadas nos respectivos desvíos serán empregadas por estas liñas como alternativas ás paradas do Camiño Francés, as cales quedarán suprimidas durante o corte.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.