tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 8 por corte na rúa Poza de Bar (mércores 28/8/2013)

26/08/13

O mércores 28 de agosto, en horario de 14:30 a 19:00, con motivo dun corte de tráfico a vehículos pesados na rúa de Poza de Bar, a liña 8 en dirección Vidán realizará o seguinte desvío:

Itinerario habitual por rúa da Senra, continuando por Avda. de Xoán Carlos I, Avda. da Coruña, Avda. das Ciencias e retomando o seu itinerario habitual por San Lourenzo.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas exclusivamente para a liña 8:

-p. 554 San Clemente (IES Rosalía de Castro), sendo a súa alternativa a parada 113, na Avda. Xoán Carlos I (Igrexa do Pilar).

-p. 223 Cruceiro de Gaio.

-p. 402 Rúa Poza de Bar.

 

Os servizos afectados serán as saídas do tanatorio de Boisaca / Camiño dos Vilares comprendidas entre as 15:00 e as 19:00.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poda ocasionar.