tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas por corte na rúa de San Pedro (29 e 30 de xuño)

29/06/12

Con motivo das festas do barrio de San Pedro, a rúa de San Pedro cortarase ao tráfico a partir das 19:00 do venres 29 de xuño e ao longo de todo o día o sábado 30:

A partir das 19:00 do venres e durante toda a xornada do sábado, as liñas 6 (dirección San Marcos), 9, 13, C6 e C11 desviaranse por San Roque, Basquiños e Avda. Rodríguez de Viguri.

Realizarán dúas paradas alternativas: unha na Porta do Camiño (entrada á rúa de San Roque, antes de comezar o desvío); e outra na Avda. Rodríguez de Viguri (antes do cruce coa rúa Concheiros).

 

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.