tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizo á Cidade da Cultura con motivo do "Atardecer no Gaiás"

04/07/12

Entre o xoves 5 de xullo e o sábado 8 de setembro, os xoves, venres e sábados, a liña C11 realizará unha nova prolongación á CDC nun dos seus derradeiros servizos para facilitar a volta cara o centro da cidade aos usuarios que accedan ao Gaiás en transporte urbano para os eventos do programa "Atardecer no Gaiás". Os servizos de transporte urbano detállanse de seguido:

* Xoves e venres (desde 5/7 ata o 7/9):

Para o acceso á CDC: liña 9, nos seus horarios habituais (enlace aos horarios ao final da nova).

Para voltar cara o centro: liña 9 (derradeira saída da CDC ás 22:00) ou ben có novo servizo da liña C11, a saída de Fontiñas das 22:50, que subirá ao Gaiás en dirección ao centro da cidade.

 

* Sábados (desde 7/7 ata o 8/9):

Para o acceso á CDC: liña C11, nos seus horarios habituais (enlace aos horarios ao final da nova).

Para voltar cara o centro: Có novo servizo da liña C11, a saída de Fontiñas das 22:30, que subirá ao Gaiás en dirección ao centro da cidade.

 

Excepcionalmente, o xoves 16 de agosto, ao ser día festivo, a volta coa liña C11 será no servizo con saída de Fontiñas ás 22:30.