tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Horarios de inverno no transporte urbano

07/09/12

A tempada de inverno comezará o vindeiro 10 de setembro.

Desde TUSSA, empresa municipal de xestión do transporte urbano en Santiago, temos a ben informar que o vindeiro luns, día 10 de setembro, producirase o cambio aos horarios de inverno no transporte urbano.

Nesta nova tempada non se inclúen grandes cambios, senón que se aposta por dar continuidade aos traballos realizados no inverno pasado, na procura de  lograr o asentamento da rede de transporte e continuar cos obxectivos marcados de favorecer a accesibilidade e a fiabilidade dos usuarios. Con todo, e dado que a rede de transporte urbano é unha rede viva e en continua evolución, debemos adaptarnos a ela; é por iso polo que introducimos novas relacións de mobilidade:

*Por un lado está a incorporación da liña 1 ao aparcadoiro de Santa Marta no seu horario de funcionamento (de luns a venres de 7.30 h a 15.00 h).

*Por outro está a incorporación da liña 15 á Avenida de Barcelona.

Así mesmo, traballouse na adecuación de horarios, en contacto coas AAVV da cidade. Intentamos deste xeito acercar cada día máis o transporte urbano aos cidadáns das novas zonas de residencia do concello. Para máis información poderanse consultar os horarios na nosa páxina web www.tussa.org. Así mesmo lembramos a todos os usuarios que poden consultar calquera dúbida no 901 12 00 54 ou ben a través dos nosos perfiles en Twitter e Facebook.


Documentación