tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS ESPECIAIS DE TRANSPORTE

Transporte urbano ao festival "Music Way" (28 e 29 de setembro)

25/09/12

Con motivo dos concertos enmarcados no festival “Music Way”, que terán lugar os vindeiros venres 28 e sábado 29 de setembro no recinto feiral de Amio, desde a concellaría de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico planificáronse os servizos seguintes:

·         Para os servizos de ida ao festival (tanto o venres coma o sábado), a liña 1 do transporte urbano realizará unha prolongación ata o recinto de Amio a partir das 16:00 e ata a finalización dos seus servizos. As frecuencias aproximadas de paso serán de 10 minutos o venres e de 15 minutos o sábado.

Para desprazarse o venres pola mañá e mais o sábado pola mañá ata o recinto de Amio, as liñas son: liña 1, con parada na Avda. do Cruceiro da Coruña, confluencia coa rúa de acceso ao recinto (a uns 200 metros da entrada) e frecuencia de 15’; liña C5, con frecuencia de 60’ e acceso ao recinto; liña C6, con frecuencia de 60’ e acceso tamén ao recinto.

Os autobuses das distintas liñas que acceden ao recinto do concerto irán perfectamente identificados con carteis correspondentes ao festival.

 

PARADAS DE ACCESO NO CENTRO DA CIDADE ÁS DISTINTAS LIÑAS:

Paradas máis céntricas

Liña 1: Rúa Rosalía de Castro nº 87, Avda. Xoán Carlos I (fronte á igrexa do Pilar), rúa da Senra, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca (fronte á praza de abastos) e rúa de San Roque

Liña C5: Praza de Galicia (parada Banco de Santander) e rúa da Rosa

Liña C6: R/ Hórreo: carril bus ao carón de RENFE, Parlamento e Hórreo nº 23 (chegando á pza. de Galicia)

 

·         Para os servizos de volta, unha vez rematen os pasos da liña 1, haberá un servizo extraordinario de autobuses, de xeito continuado, que terá o seu punto de partida na saída do recinto de Amio e finalizará na rúa do Hórreo, nas inmediacións da praza de Galicia.

·         Para todos os servizos aplicaranse as tarifas vixentes no transporte urbano:

Tipo de billete / bono

Billete ordinario:  1 € / viaxe

Billete escolar (menores de 18 anos):  0,55 € / viaxe

Bono ordinario:  0,60 € / viaxe

Bono escolar (menores de 18 anos):  0,40 € / viaxe

Bono mensual:  26 €

Bono pensionista:  0 €

 

A empresa municipal TUSSA pon á disposición de todos os usuarios o teléfono de información do transporte urbano 901 12 00 54, a súa páxina web www.tussa.org, así como os perfiles “maisbus” en Facebook e Twitter.