tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos de transporte para asistir ao partido de baloncesto Blu:sens Monbus - Mad-Croc Fuenlabrada (26/1/2013)

24/01/13

Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do Blu:sens Monbus o sábado 26 de xaneiro ás 19.30 h no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 18.30 h.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accede ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 18.30 h, 18.45 h e 19.00 h. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro.