tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos de transporte para asistir ao partido de baloncesto Blu:sens Monbus - Valencia Basket (16/3/2013)

13/03/13

Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do Blu:sens Monbus o sábado 16 de marzo ás 20:00 no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19.00 h.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accede ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19.00 h, 19.15 h e 19.30 h. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro.