tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico na rúa de San Pedro (a partir do 8/7/2013)

05/07/13

Con motivo das obras que se realizarán na rúa de San Pedro a partir do 8 de xullo e durante os vindeiros meses, as seguintes liñas do transporte urbano serán desviadas do seu percorrido habitual:

Dirección Virxe da Cerca – S. Pedro – Concheiros – Fontiñas (NORTE):

Liñas 6, 9, C6, C11 e P4: desvío por rúa das Rodas, rúa San Roque, rúa Basquiños, Avda. Rodríguez de Viguri e rotonda de Concheiros, continuando cós seus itinerarios habituais.

Liña 13: desvío por rúa das Rodas, rúa San Roque, rúa Basquiños, Avda. Rodríguez de Viguri, Avda. de Lugo e rúa da Ameixaga, continuando có seu itinerario habitual.

 

Quedarán pois anuladas as paradas que se indican de seguido:

DIRECCIÓN NORTE (liñas 6, 9, 13, C6, C11 e P4):

p. 397 Porta do Camiño (parada alternativa máis próxima: inicio da rúa de San Pedro, lugar de corte de tráfico).

p. 511  Rúa de San Pedro nº 58.

p. 139 Calzada de San Pedro (Don Bosco)(só liña 13).

p. 508 Rúa de Belvís (Convento)(só liña 13).

p. 219  Cruceiro de San Pedro.

p. 197  Concheiros nº 64 (parada alternativa máis próxima: final da Avda. Rodríguez de Viguri, á altura do mesón "A Roda").

 

Pregamos desculpen as molestias que estas modificacións lles podan ocasionar.