tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos de transporte para asistir ao partido de baloncesto Blu:sens Monbus - Real Madrid (26/5/2013)

23/05/13
Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do Blu:sens Monbus o domingo 26 de maio ás 12:40 no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 11:30.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accede ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 11:05, 11:45 e 12:20. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro.