tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvío liñas 5 e C2 por corte de tráfico en García Prieto (luns 3/6/2013)

30/05/13

Debido a un corte de tráfico que terá lugar na rúa de García Prieto o vindeiro luns 3 de xuño, entre as 8:00 e as 16:00, as liñas 5 e C2 realizarán o seguinte desvío:

Ao rematar Frei Rosendo Salvado, desviaranse pola Avda. de Ferrol, quedando suprimidas as seguintes paradas:

* Parada 95: Avda. Vilagarcía nº 26

* Parada 269: García Prieto nº 18-22 (Doutor Maceira)

* Parada 270: García Prieto nº 64

* Parada 575: Sánchez Freire

Os autobuses realizarán tres paradas alternativas no desvío pola Avda. de Ferrol, aproximadamente á mesma altura que as existentes no carril contrario desa avenida.

Lembramos que teñen á súa disposición o teléfono de información do transporte urbano: 901 120 054.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.