tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS ESPECIAIS DE TRANSPORTE

Servizos de transporte para asistir á xira conxunta de DEF LEPPARD, WHITESNAKE E EUROPE

26/06/13
Consulten os servizos de transporte para asistir á xira conxunta de DEF LEPPARD, WHITESNAKE E EUROPE o venres 28 de xuño no multiusos Fontes do Sar:

- SERVIZO LANZADEIRA a partir das 17.00 horas con saída da rúa Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia). Este servizo funcionará de xeito continuado ata a hora de inicio do concerto.

 - Liña 9 (Casas Novas - rúa da Senra - Fontiñas - Multiusos): Esta liña ten unha frecuencia de 60'. As paradas máis céntricas para acceder a esta liña sitúanse nas rúas Senra, Ensinanza, Virxe da Cerca, San Pedro e Concheiros

  - Liña C5 (Pol. Costa Vella - Praza de Galicia - A Rosa - Pontepedriña - Restollal - Rúa Estrada - Picaños - Multiusos): Esta liña ten unha frecuencia de 60'. As paradas máis céntricas para acceder a esta liña sitúanse nas rúas Praza de Galicia, A Rosa, Pontepedriña.

   - Liña C6 (Pol. Costa Vella - Amio - San Lázaro - Fontiñas - Multiusos): Esta liña ten unha frecuencia de 60'.

Ao remate do concerto manterase o servizo lanzadeira desde o Multiusos con destino á rúa de Ramón Piñeiro.

As tarifas para estes servizos serán as vixentes no transporte urbano