tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Horarios de Verán 2013

27/06/13

A partir do día 1 de xullo entran en vigor, como cada ano, os horarios de verán no transporte urbano.

Tras as últimas adaptacións da rede de transporte urbano á nova realidade da cidade, preténdese buscar un asentamento da mesma. É por iso que os cambios con respecto ao verán pasado son mínimos. Así mesmo dáselle continuidade ás ampliacións introducidas nos horarios de inverno nas liñas circulares C2, C4, C5 e C6.

Modificacións que entrarán en vigor a partir do 15 de xullo:

- A liña 1 variará o seu percorrido, rematando a partir do 15 de xullo no cemiterio de Boisaca.

- Posta en marcha da nova liña P6, que dotará de servizo ao polígono do Tambre. Esta nova liña, créase para dar cumprimento á sentenza xudicial que impedía ao transporte urbano cubrir o polígono do Tambre. Terá a seguinte estrutura:

Desde o punto de vista das relacións de mobilidade, terá como cabeceiras de servizo o polígono do Tambre e a rúa do Rosa.

Os horarios de luns a venres serán os seguintes: saídas do polígono do Tambre: 7.00 – 8.05 – 9.05 – 10.05 – 14.05 – 15.05 – 20.05 – 21.05 e 22.05; saídas da rúa da Rosa: 6.40 – 7.25 – 8.25 – 9.25 – 13.25 – 14.25 – 19.35 – 20.25 e ás 21.25. Como se mencionou anteriormente, deste xeito dáse cumprimento á sentenza xudicial favorable á empresa Grabanxa, que é quen vai realizar este servizo. Os horarios establecéronse tras a análise das horas de maior actividade.

O resto de horarios poderanse consultar no arquivo que se acompaña. Así mesmo lembramos a todos os usuarios que poden consultar calquera dúbida no 901 12 00 54 ou ben a través dos nosos perfís en Twitter e Facebook.


Documentación