tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Horarios de inverno 2013-2014 no transporte urbano

06/09/13

O próximo luns 9 de setembro comezan a aplicarse os horarios de inverno no transporte urbano:

Desde TUSSA, empresa municipal de xestión do transporte urbano en Santiago, comunicamos que o vindeiro luns, día 9 de setembro, producirase o cambio aos horarios de inverno no transporte urbano.

A nova tempada non contempla cambios substanciais con respecto ao inverno pasado, agás os levados a cabo no presente ano, coa adecuación da nova liña P6 ao polígono do Tambre.

Mantéñense os desvíos das liñas 6, 9, 13, C6, C11 e P4 debido ás obras que se están a realizar na rúa de San Pedro. Debido ao alongamento do percorrido das liñas, e ao obxecto de garantir a súa estrutura horaria, a liña C11 non fará as paradas no percorrido do desvío, é dicir, entre a Porta do Camiño (última parada) e a parada da Avda. Rodríguez de Viguri (á altura dos Concheiros), recuperando a partir de ahí o seu percorrido habitual. Ao obxecto de minimizar os problemas que poida ocasionar dito cambio, establecerase un período de transición no transcurso da semana próxima no que se informará oportunamente aos usuarios, sendo a medida plenamente efectiva a partir do luns 16 de setembro.

Os horarios poden consultarse no enlace adxunto. Así mesmo, lembramos a todos os usuarios que poden consultar calquera dúbida no teléfono 901 12 00 54 ou ben a través dos nosos perfiles en Twitter e Facebook.


Documentación