tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos de transporte para asistir ao partido de baloncesto Río Natura Monbus - Herbalife Gran Canaria (8/12/2013)

04/12/13

Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do Río Natura Monbus o domingo 8 de decembro ás 12.30 h no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 11.30 h.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 11:05, 11:45 e 12:20. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro.