tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 7 por corte de tráfico na rúa Patio de Madres (domingo 2/2/2014)

29/01/14

Debido a un corte ao tráfico na rúa Patio de Madres este domingo 2/2 ata as 10:30, a liña 7 realizará o seguinte desvío:

*Liña 7 (dirección Sar - Aríns):

Itinerario habitual ata praza de Galicia, desvío por rúa Doutor Teixeiro, Hórreo, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez e Castrón D'Ouro.

Soamente afectará ao servizo da liña con saída de rúa Valle Inclán ás 10:00.

Quedará suprimida no horario do corte a parada 368, rúa Patio de Madres, sendo a alternativa máis próxima a parada 247 en rúa Fonte de San Antonio. O autobús realizará a parada habitual na confluencia entre as rúas Curros Enríquez e Castrón D'Ouro.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poda ocasionar.