tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos de transporte para asistir ao partido de baloncesto Río Natura Monbus - CB Valladolid (20/4/2014)

15/04/14
Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do Río Natura Monbus o domingo 20 de abril ás 20:00 no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:00.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:05 e 19:25. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro.