tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos para asistir esta fin de semana aos partidos de baloncesto ACB en Sar e de fútbol no estadio de S. Lázaro (15 e 16/11/2014)

11/11/14
Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do R. Natura Monbus Obradoiro o sábado 15 de novembro ás 20:00 no multiusos Fontes do Sar, e da SD Compostela o domingo día 16 ás 17:30 no estadio de San Lázaro:

*Baloncesto no multiusos Fontes do Sar. Río Natura Monbus Obradoiro – Montakit Fuenlabrada (sábado 15/11/2014):

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:00.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:00, 19:15 e 19:30. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro.

*Fútbol no estadio de San Lázaro. SD Compostela – Zamora CF (domingo 16/11/2014):

A liña 6 do transporte urbano incluirá no seu percorrido o estadio de San Lázaro, nos servizos con saída de Os Tilos ás 16:15, 16:45 e 17:15.

Ao remate do partido, os servizos con saída de San Marcos ás 19:30 e 20:00, accederán ao estadio para o regreso.