tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos para asistir ao partido de baloncesto Río Natura Monbus Obradoiro - FC Barcelona (30/12/2014)

24/12/14
Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do R. Natura Monbus Obradoiro o martes 30 de decembro ás 20:30 no multiusos Fontes do Sar:

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:30.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:50, 20:00 e 20:10. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro.