tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Modificación na liña 5 por obras no acceso a Rocha Vella (desde martes 3/2/2015)

02/02/15

Con motivo do corte ao tráfico na rúa do Churruchao, na Rocha Vella, a liña 5 terá a seguinte modificación a partir do martes 3 de febreiro e cunha duración aproximada de tres semanas:

As viaxes de prolongación a Rocha Vella da liña 5 rematarán na parada 407, en Poza Real de Arriba.

Quedarán suprimidas as paradas de Rocha Vella (cabeceira de liña) e rúa do Churruchao (nos dous sentidos de circulación).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.