tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvíos nas liñas do transporte urbano por cortes de tráfico en rúas do ensanche (xoves 5 e venres 6 de marzo)

04/03/15
O xoves 5 e venres 6 de marzo produciranse cortes de tráfico en rúas do ensanche que afectarán a varias liñas do transporte urbano e ás paradas da rúa Xeneral Pardiñas e República do Salvador:

Xoves 5 de marzo: corte de tráfico na rúa Xeneral Pardiñas (afecta ás liñas 5, 13, 15, C11 e P6).

Ao longo de todo o día (desde o inicio de servizos e ata que realicen a reapertura da rúa), quedarán suprimidas as dúas paradas da rúa Xeneral Pardiñas (673 e 674) para todas as liñas afectadas. As paradas alternativas máis próximas son:

-Rúa República Arxentina nº 26 (parada 431), para as liñas 5, 15 e P6.

-Praza de Galicia (ferretería, parada 409), para todas as liñas.

Venres 6 de marzo: corte de tráfico na rúa Doutor Teixeiro (afecta ás liñas 5, 6, 12, 13, 15, C5, C11, P3 e P6).

Ao longo de todo o día e ata que realicen a reapertura da rúa, todas estas liñas contarán con desvíos do seu percorrido, se ben as liñas 6, 12, 15, C5, P3 e P6 non deixarán de realizar ningunha das súas paradas habituais a pesar dos distintos desvíos.

-A liña 5 non realizará as paradas das rúas República do Salvador e Frei Rosendo Salvado, sendo as alternativas a praza de Galicia (Banco de Santander, parada 410) e Avda. de Vilagarcía nº 26 (parada 95).

-As liñas 13 e C11 accederán á rúa Xeneral Pardiñas mentres non se faga efectivo o corte en Doutor Teixeiro, podendo realizar as paradas desa rúa. A partir do momento do corte, quedarán suprimidas as paradas de Xeneral Pardiñas (673 e 674) para estas dúas liñas, sendo a alternativa a praza de Galicia (ferretería, parada 409).





Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles podan ocasionar.