tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos de transporte para o ciclo "Atardecer no Gaiás" (Cidade da Cultura, verán de 2015)

26/06/15
Informamos dos servizos de transporte con motivo dos eventos que terán lugar na Cidade da Cultura, enmarcados no ciclo "Atardecer no Gaiás", os xoves, venres e sábados durante os meses de xullo e agosto:

O acceso á Cidade da Cultura realízase a través da liña 9. No enlace adxunto poden consultar os seus horarios e itinerario.

Para a volta tras a finalización dos actos, prolongarase un servizo da liña C11 á Cidade da Cultura, que irá en sentido Fontiñas e C. C. As Cancelas, e desde alí cara o centro da cidade.

O seu horario de paso pola CDC será o seguinte:

*Xoves e venres laborables (os días 2, 3, 9, 10, 16, 17, 23, 24, 30 e 31 de xullo; 6, 7, 13, 14, 20, 27 e 28 de agosto): 22:45 horas.

*Sábados (os días 4, 11 e 18 de xullo; 1, 8, 15 e 29 de agosto): 22:50 horas.