tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvíos en varias liñas por corte de tráfico nas rúas de San Pedro e Concheiros (sábado 27/6/2015)

25/06/15
O sábado 27 de xuño a partir das 8:00, con motivo das festas do barrio de San Pedro, as liñas 6, 9, 13, C5, C6 e C11 realizarán os seguintes desvíos:

Cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día.

*Desvío dirección norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):

No momento do corte, as liñas 6, 9, 13, C6 e C11 serán desviadas pola rúa das Rodas, San Roque, Coimbra, Xoán XXIII, praza da Paz, Rodríguez de Viguri e retomarán os seus itinerarios na rotonda de Concheiros. A maiores deste desvío, a liña 13 continuará pola avda. de Lugo e rúa da Ameixaga para acceder a Quiroga Palacios.

Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño (parada alternativa no lugar de corte, no inicio da rúa de S. Pedro).

-511 Rúa de San Pedro nº 58.

-571 San Pedro (igrexa). Só liña 13.

-139 Calzada de San Pedro (Don Bosco). Só liña 13.

-508 Rúa de Belvís (Convento de Belvís). Só liña 13.

-219 Cruceiro de San Pedro.

-197 Concheiros nº 64 (parada alternativa na avda. Rodríguez de Viguri, nas inmediacións da rotonda con Concheiros).

 

*Desvío dirección sur (desde Fontiñas e avda. de Lugo a Concheiros – Bonaval - San Roque):

No momento do corte, as liñas 9, 13 e C5 serán desviadas por Rodríguez de Viguri, San Caetano, Xoán XXIII, Coimbra e rúa San Roque, continuando cós seus itinerarios habituais.

Paradas suprimidas:

-196  Concheiros nº 39 (parada alternativa máis próxima para liñas 9 e C5: rúa Berlín; para liña 13: Avda. de Lugo, xulgados).

-220 Cruceiro de San Pedro.

-154  Campo da Angustia.

-557  San Domingos de Bonaval (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).

-639  Valle Inclán (La Salle) (parada alternativa máis próxima: rúa de San Roque).

 

Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas polas distintas liñas.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.