tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Modificacións na liña 8 e nos servizos a Lamas de Abade (desde o luns 26/10/2015)

22/10/15
Desde TUSSA informamos que o vindeiro luns 26 de outubro produciranse modificacións nos horarios de dous servizos:

*Servizos a Lamas de Abade:

Incorporarase un autobús de reforzo para a entrada aos centros educativos da zona, de luns a venres en días lectivos, có seguinte horario: saída da praza de Galicia (parada 410, Banco de Santander) ás 8:20 da mañá, realizando o percorrido e paradas habituais da liña P3 ata Lamas de Abade, onde rematará o servizo (rúa da Rosa, Santiago León de Caracas, Amor Ruibal, Restollal e acceso a Lamas de Abade).

Este servizo reforzará aos existentes das liñas 6 (saída de San Marcos 8:10) e P3 (saída da rúa Valle Inclán 8:20) que tamén continuarán prolongándose a Lamas de Abade.

*Liña 8:

Contará igualmente cun autobús de reforzo en horario de mañá de luns a venres laborables. A frecuencia da liña manterase nos 30 minutos, asegurando deste xeito o cumprimento horario. Determinados servizos con saída de Vidán modifican as súas horas de saída.

Novas horas de saída da liña a partir do luns 26:

Saídas de Camiño dos Vilares / tanatorio de Boisaca:

De 7:00 a 22:30, cada 30 minutos.

Ás prolongacións ao tanatorio que se realizan na actualidade, engádese outra saída ás 9:30.

Saídas de Vidán:

7:30  8:00  8:30  9:00  9:40  10:15  10:45  11:15  11:45  12:15  12:45  13:15  13:45  14:15  14:30

De 15:00 a 22:30, cada 30 minutos.

 

Lembramos a todos os usuarios e usuarias que poden consultar calquera dúbida no teléfono 901120054 ou ben a través dos nosos perfiles “maisbus” en Twitter e Facebook.