tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS PARA ASISTIR AOS PARTIDOS

Servizos para asistir aos partidos de baloncesto en Sar e de fútbol no estadio de San Lázaro

27/11/15

Consultade os servizos de transportes para asistir ao partido do R.Natura Monbus Obradoiro o sábado 28 de novembro ás 20:00 no multiusos Fontes do Sar, e da SD Compostela o domingo 29 de novembro ás 17:00 horas no Estadio de San Lázaro

*Baloncesto no Multiusos Fontes do Sar:

 Haberá un servizo lanzadeira dende o carril bus da rúa do Hórreo (zona próxima á escalinata da estación de ferrocarril) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:00 horas.

A liña C11 (circular Fontiñas) accederá ao Multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:00, 19:15 e 19:30. As paradas más céntricas para coller esta liña situánse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e Vire da Cerca.

Ao remate do partido, manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa do Hórreo (Parlamento de Galicia).

 * Fútbol no estadio de San Lázaro:

A liña 6 do transporte urbano incluirá no seu percorrido o estadio de San Lázaro, nos servizos con saída de Os Tilos ás 15:45, 16:15 e 16:45.

Á finalización do partido, os servizos con saída de San Marcos ás 19:00 e 19:30, accederán ao estadio para o regreso.