tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Modificación no itinerario da liña P1 (desde o luns 21/12/2015)

17/12/15

A liña rematará o percorrido na rúa Valle Inclán (zona de San Roque) e non na estación de autobuses, a partir do luns 21/12 e mentres duren as obras que se están a realizar no Carme de Abaixo.

O percorrido da liña quedará do seguinte xeito a partir do luns:

*Folgoso - rúa Valle Inclán: Folgoso, Figueiras, percorrido habitual ata o cruce con Monte Pío, desde donde desviarase por Monte Pío, costa das Casas Novas e Galeras, continuará o seu itinerario habitual por Pombal, Senra e Virxe da Cerca, rematando a expedición na rúa Valle Inclán (dársenas do colexio La Salle).

*Rúa Valle Inclán - Folgoso: Valle Inclán, Rodas, Virxe da Cerca, itinerario habitual ata Pombal, desvío por Galeras, costa das Casas Novas e Monte Pío, retomando o itinerario habitual tras o desvío ata Figueiras e Folgoso.

A maiores das paradas que non se están a realizar na zona do Carme de Abaixo con motivo das obras, quedarán suprimidas as seguintes paradas (nos dous sentidos de circulación da liña): San Roque, Santa Clara, Basquiños, Pastoriza, Anxo Casal e estación de autobuses.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.