tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Fin do desvío da liña 13 coa reapertura de Quiroga Palacios

28/12/15

A liña 13 do transporte urbano retomará o seu itinerario habitual coa reapertura de Quiroga Palacios:

Voltará a realizar as paradas habituais nos dous traxectos de circulación a partir do martes 29.

Como única alteración ao percorrido previo, o tempo de espera da liña na zona de Belvís realizarase na parada 417 (Quiroga Palacios nº 54, case no cruce coa avda. de Lugo), e non na marquesiña da parada anterior.