tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico na rúa de San Pedro (de luns 28/3 a luns 4/4 de 2016)

22/03/16

A partir do luns 28 de marzo e durante unha semana pecharase ao tráfico a rúa de San Pedro. As liñas 6, 9, 13, C6, C11 e P4 realizarán o seguinte desvío:

*Liñas 6, 9, C6, C11 e P4: Desde Porta do Camiño por San Roque, Pastoriza e Rodríguez de Viguri.

*Liña 13: Desde Porta do Camiño por San Roque, Pastoriza, Rodríguez de Viguri, Avda. de Lugo e rúa da Ameixaga.

Quedarán suprimidas todas as paradas das rúas de San Pedro e Concheiros (en dirección norte) para estas liñas. A maiores para a liña 13, suprimiranse as paradas da Calzada de San Pedro (Don Bosco) e da rúa de Belvís (convento de Belvís).

Realizarán paradas altenativas durante o corte na Porta do Camiño (punto de corte de tráfico) e na avenida Rodríguez de Viguri, zona próxima á rotonda de confluencia coa rúa Concheiros.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poda ocasionar.