tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Modificacións temporais por traballos de reasfaltado no acceso á parada da estación de autobuses (mércores 16 e xoves 17 de marzo)

15/03/16
Debido ao reasfaltado da parada de autobuses urbanos da estación de autobuses e da rotonda de acceso, o tráfico na zona verase alterado de xeito intermitente, por traballos de fresado da vía o mércores 16 a partir das 8:00 e de asfaltado o xoves 17:

Na medida do posible, os autobuses das distintas liñas afectadas realizarán as paradas do seu percorrido na zona, sen perxuizo do uso das paradas alternativas que se indican de seguido nos momentos en que o tráfico de acceso á rotonda estea pechado.

As paradas afectadas son a propia da estación de autobuses e as dúas situadas na rúa Anxo Casal.

As paradas alternativas para cada unha das liñas nos momentos de corte son as seguintes:

*Liña 5: as paradas alternativas máis próximas son as da rúa Pastoriza, unha por cada sentido de circulación, ou ben as primeras da avda. de Castelao, ao carón do parque.

*Liña C2: nos momentos en que non poda acceder á estación de autobuses, realizará a espera de regulación na parada da rúa San Caetano (igrexa).

*Liña C4: nos momentos en que non poda acceder á estación de autobuses, realizará a espera de regulación na parada da rúa San Caetano (parque).

*Liñas P1 e P2: a alternativa próxima á estación é na rúa Pastoriza para o acceso. De realizar espera de regulación, o farán nas paradas da rúa de San Caetano, facendo o cambio de sentido posteriormente na praza de España.

*Liña P7: para acceder ás prolongacións desta liña a San Caetano recomendase o uso da rúa Pastoriza en lugar de Anxo Casal, nos momentos en que esta rúa se atope pechada ao tráfico.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.