tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos para asistir aos partidos de fútbol no estadio de San Lázaro e de baloncesto en Sar (sábado 7/5/2016)

20/04/16

Consulten os servizos de transporte para asistir aos partidos da SD Compostela e do R. Natura Monbus Obradoiro o sábado 7 de maio:

*Fútbol no estadio de San Lázaro (18:00):

A liña 6 do transporte urbano incluirá no seu percorrido o estadio de San Lázaro, nos servizos con saída de Os Tilos ás 16:45, 17:15 e 17:45.

Ao remate do partido, os servizos con saída de San Marcos ás 20:00 e 20:30, accederán ao estadio para o regreso.

*Baloncesto no multiusos Fontes de Sar (20:00):

Haberá un servizo lanzadeira desde o carril bus da rúa do Hórreo (zona próxima á escalinata da estación de ferrocarril) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:00.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:00, 19:15 e 19:30. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa do Hórreo (Parlamento de Galicia).