tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos no transporte urbano por corte de tráfico na rúa Bruxelas (sábado 18 e domingo 19 de xuño de 2016)

16/06/16

Con motivo do corte de tráfico na rúa de Bruxelas previsto desde o sábado 18 ata o domingo 19 de xuño, as liñas C2, C5, C6 e C11 realizarán o seguinte desvío:

A partir do momento de corte, as liñas continuarán o seu percorrido pola rúa París en dirección de baixada.

Quedarán suprimidas para estas liñas as paradas: (300) rúa Madrid nº 17; (132) rúa Bruxelas.

Realizaranse dúas paradas eventuais na rúa París, nas proximidades das paradas anuladas:

  • Rúa París, antes do cruce coa rúa de Praga.
  • Rúa París, antes do cruce coa rúa de Bruxelas.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.