tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos en varias liñas por corte de tráfico na rúa de San Pedro (xoves 23/6/2016)

22/06/16

O xoves 23 de xuño a partir das 18:00, con motivo da festividade de San Xoán no barrio de San Pedro, as liñas 6, 9, 13, C6, C11 e P4 realizarán os seguintes desvíos:

Cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro desde as 18:00 ata a finalización dos servizos.

*Desvío dirección norte:

No momento do corte, as liñas 6, 9, 13, C6, C11 e P4 serán desviadas por San Roque, Pastoriza, avda. Rodríguez de Viguri e retomarán os seus itinerarios na rotonda de Concheiros. A maiores deste desvío, a liña 13 continuará pola avda. de Lugo e rúa da Ameixaga para acceder a Quiroga Palacios.

Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño (parada alternativa no lugar de corte, no inicio da rúa de S. Pedro).

-511 Rúa de San Pedro nº 58.

-571 San Pedro (igrexa) (para a liña 13).

-139 Calzada de San Pedro (Don Bosco) (para a liña 13).

-508 Rúa de Belvís (Convento de Belvís) (para a liña 13).

-219 Cruceiro de San Pedro.

-197 Concheiros nº 64 (parada alternativa na avda. Rodríguez de Viguri, nas inmediacións da rotonda con Concheiros).

Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas polas distintas liñas.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.