tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos de reforzo nas liñas 1, 6 e C11 os días 24 e 25 de xullo

21/07/16
Consulten os servizos de reforzo nas liñas 1, 6 e C11 para os días 24 e 25 de xullo de 2016, con motivo da festividade do Apóstolo.

*Domingo 24/7/2016:

*Liña C11: contará cun autobús de reforzo nos seguintes horarios:

-Entre as 10:00 e as 15:35, cunha frecuencia de 15-20 minutos.

-Entre as 17:20 e as 23:00, cunha frecuencia de 20 minutos ao longo de toda a tarde. As derradeiras saídas da liña serán ás 22:00, 22:20, 22:30, 22:50 e 23:00.

Todas as saídas da liña do centro comercial As Cancelas entre as 17:20 e as 20:40 terán prolongación ao multiusos tras o seu paso polo centro da cidade, con motivo do concerto no multiusos Fontes do Sar.



*Liña 6: verase reforzada a tarde do domingo 24 a partir das 19:30 e ata as 23:00, pasando a ter nesta franxa horaria unha frecuencia de 20 minutos.

-Saídas de San Marcos: 19:30, 19:50, 20:10, 20:30, 20:50, 21:10, 21:30, 21:50, 22:10, 22:30, 22:45 e 23:00.

-Saídas de Os Tilos: 19:30, 19:50, 20:10, 20:30, 20:50, 21:10, 21:30, 21:50, 22:10, 22:30, 22:45 e 23:00.

A saída dos Tilos con prolongación a Amio será ás 22:10.

 

*Luns 25/7/2016:

*Liña 1: reforzo en horario de mañá, ata as 15:00.

-Saídas do cemiterio de Boisaca: 7:30, 8:00, 8:20 e cada 20 minutos ata as 15:00. A partir das 15:00, cada 30 minutos.

-Saídas do hospital Clínico: desde as 8:00 ata as 15:00, cada 20 minutos. A partir das 15:00, cada 30 minutos.

Os servizos con saída do hospital Clínico en horario de mañá, realizarán prolongación pola rúa de Amio ata o acceso ao recinto feiral.

 

*Liña 6: reforzo ao longo de todo o día.

Os horarios na liña 6 para este día serán como os de un domingo na tempada de inverno, cunha frecuencia de 30 minutos ao longo de todo o día.

-Saídas de San Marcos: de 7:30 a 23:00, cada 30 minutos (por Amio, ás 8:00 e ás 11:00; por Asilo, ás 16:30).

-Saídas de Os Tilos: de 7:15 a 22:45, cada 30 minutos (por Amio, o servizo das 22:15).

 

As restantes liñas do transporte urbano terán tanto o domingo 24 coma o luns 25 horarios de día festivo ao longo de todo o día.