tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos de transporte con motivo da Galicia Maker Faire (sábado 1 e domingo 2 de outubro de 2016)

27/09/16

A feira terá lugar no Palacio de Congresos en San Lázaro e conta cós seguintes servizos de transporte para achegarse ao evento:

*Liña 6: todos os servizos da liña realizarán prolongación ao Palacio de Congresos, nos dous sentidos de circulación e nos seguintes horarios:

-Sábado 1 de outubro: de 9:30 a 19:30.

-Domingo 2 de outubro: de 9:30 a 22:30.

A frecuencia de paso da liña é de 20 minutos o sábado pola mañá e de 30 minutos o sábado pola tarde e domingo todo o día. Poden consultar os horarios completos no enlace adxunto.

As paradas máis céntricas de acceso son as situadas na rúa do Hórreo (RENFE, Parlamento e á altura do número 23, próxima á praza de Galicia), rúa da Ensinanza, Virxe da Cerca e rúa de San Roque.