tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS ESPECIAIS DE TRANSPORTE

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (sábado 3/12/2016)

02/12/16
Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do R. Natura Monbus Obradoiro o sábado 3 de decembro:

*Baloncesto no multiusos Fontes de Sar (20:00):

Haberá un servizo lanzadeira desde o carril bus da rúa do Hórreo (zona próxima á escalinata da estación de ferrocarril) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:00.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:00, 19:15 e 19:30. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse en Xeneral Pardiñas, pza. Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa do Hórreo (Parlamento de Galicia).