tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos de Sar (domingo 23/10/2016)

20/10/16
Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do R. Natura Monbus Obradoiro o domingo 23 de outubro ás 12:30 no multiusos Fontes do Sar:
Haberá un servizo lanzadeira desde o carril bus da rúa do Hórreo (zona próxima á escalinata da estación de ferrocarril) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 11:30.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado pola rúa do Hórreo (liña desviada polo corte en Xeneral Pardiñas) ás 11:05, 11:45 e 12:20. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa do Hórreo nº 23, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa do Hórreo (Parlamento de Galicia).