tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos de reforzo no transporte urbano o domingo 30 de outubro e o martes 1 de novembro de 2016

26/10/16

Veranse reforzadas as seguintes liñas do transporte urbano:

*Liña 1: con motivo da festividade de Todos os Santos, a liña contará cunha frecuencia de paso de 16 minutos entre as 9:00 e as 20:00. O resto do día, a frecuencia será a dun día festivo (cada 30 minutos). Este reforzo terá lugar o domingo 30 de outubro e o martes 1 de novembro.

O luns 31 de outubro todas as liñas do transporte urbano terán horario de día laborable (liña 1 cada 16 minutos).

*Liña C11: o martes 1 de novembro, a liña terá reforzo en horario de mañá, con pasos cada 15-20 minutos entre as 10:00 e as 15:30, e pasos cada 20 minutos a partir das 15:30.

As restantes liñas do transporte urbano terán horario de domingos e festivos ao longo de todo o día (tanto o domingo 30 de outubro como o martes 1 de novembro).