tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Restitución das paradas suprimidas polo corte de tráfico en Montero Ríos (desde o martes 15/11/2016)

10/11/16

Desde o inicio de servizos do martes 15 de novembro, con motivo das obras que se están a realizar na rúa Montero Ríos, as liñas 5, 13, 15, C11 e P6 realizarán o seguinte desvío:

Ao restablecerse o tráfico no cruce entre Xeneral Pardiñas e Montero Ríos, as liñas afectadas irán por Xeneral Pardiñas, rúa da Senra e pza. de Galicia. Realizarán as paradas habituais dos seus percorridos, en Xeneral Pardiñas (paradas 673 e 674) e na praza de Galicia, ferretería (parada 409).

A parada da rúa da Senra non será realizada polas liñas en desvío. Os usuarios poderán dirixirse ás paradas habituais.

*Desvío liñas 5, 13, 15, C11 e P6: continuarán a rúa Xeneral Pardiñas ata o seu inicio – rúa da Senra – praza de Galicia, realizando a parada habitual das liñas na praza de Galicia (parada 409).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.