tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Modificacións nas liñas C5 e C6 có inicio das obras nas rúas de Picaños, Santasmariñas e rúa da Estrada (desde o mércores 8/2/2017)

02/02/17
A partir do mércores 8 de febreiro, as liñas C5 e C6 do transporte urbano modificarán os seus percorridos con motivo das obras en Picaños, Santasmariñas e rúa da Estrada:
*Liña C5:

Itinerario habitual ata a rotonda de Castiñeiriño, desviándose por Paxonal, rúa Manuel Vázquez Cacharrón e retomando o seu itinerario habitual nas rúas de Santasmariñas e Picaños.

*Paradas suprimidas: (465) rúa da Estrada nº 74; (464) rúa da Estrada nº 28

*Paradas alternativas: (181) Castiñeiriño nº 1; (371) Paxonal nº 63; (370) Paxonal nº 29-31; (588) Santasmariñas nº 49.

*Liña C6:

Itinerario habitual ata a rúa Santasmariñas, desviándose pola rúa Manuel Vázquez Cacharrón, Restollal e retomando o seu itinerario habitual no Paxonal, na parada xunto á rotonda inferior.

*Paradas suprimidas: (466) rúa da Estrada nº 28; (468) rúa da Estrada nº 76; (371) Paxonal nº 63; (370) Paxonal nº 29-31.

*Paradas alternativas: (467) rúa da Estrada nº 4; (369) Paxonal (rot. Rúa Canfranc)

 

Para calquera consulta acerca de horarios e percorridos das distintas liñas, teñen á súa disposición o teléfono de información do transporte urbano, con información a tempo real do estado do servizo, 901120054.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.