tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 7 por corte en Castrón d'Ouro (venres 10/2/2017)

10/02/17

A partir das 9:30 cortarase ao tráfico a rúa Castrón d'Ouro, polo que a liña 7 realizará os desvíos seguintes:

*De 9:30 a 14:00: o desvío afecta á liña en sentido a Aríns e Fornás. Desde a pza. de Galicia, os buses irán por Doutor Teixeiro, Hórreo, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez e Sar.

Quedará suprimida a parada de Patio de Madres, sendo a alternativa máis próxima na rúa Fonte de San Antonio.

*De 14:30 a 17:00: cortarán o tramo da rúa desde Curros Enríquez a Sar de Afora, có que os buses terán que desviarse nos dous sentidos de circulación: desde pza. de Galicia por Doutor Teixeiro, Hórreo, Fontiñas, multiusos, Diego Bernal e acceso á rúa Ponte de Sar.

Quedarán neste horario suprimidas as seguintes paradas:

-Sentido Aríns e Fornás:  Patio de Madres, Castrón Douro, Sar de Afora nº 90, Colexiata de Sar e Ponte de Sar nº 22.

-Sentido rúa Valle Inclán: Ponte de Sar nº 41, Colexiata de Sar, Sar de Afora nº 18, Curros Enríquez nº 25.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.