tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Modificacións no percorrido das liñas C5 e C6 coa fase 2 das obras nas rúas de Picaños, Santasmariñas e rúa da Estrada (a partir das 15:00 do mércores 22 de febreiro de 2017)

21/02/17
A partir das 15:00 do mércores 22 de febreiro, as liñas C5 e C6 do transporte urbano modificarán os seus percorridos de desvío con motivo das obras en Picaños, Santasmariñas e rúa da Estrada:

*Liña C5:
Itinerario habitual ata a rúa da Estrada, desviándose por rúa Manuel Vázquez Cacharrón, Restollal, rúa Clara Campoamor, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez, Castrón d’Ouro, rúa de Sar, rúa da Ponte de Sar, e retomando o seu itinerario habitual na rúa de Diego Bernal cara o multiusos.

*Paradas suprimidas: (588) Santasmariñas nº 49; (374) Picaños nº 55; (376) Picaños nº 7; (386) Ponte de Sar nº 55.

*Paradas alternativas no desvío: (369) Paxonal, rotonda rúa Canfranc; (387) Ponte de Sar nº 22.



*Liña C6:
Itinerario habitual ata a rúa Diego Bernal, desviándose por rúa da Ponte de Sar, rúa de Sar, Castrón d’Ouro, Curros Enríquez, Bernardo Barreiro, rúa Clara Campoamor, e retomando o seu itinerario habitual na rúa de Amor Ruibal.

*Paradas suprimidas: (389) Ponte de Sar nº 46; (377) Picaños nº 8; (375) Picaños nº 59; (467) rúa da Estrada nº 4; (466) rúa da Estrada nº 28; (468) rúa da Estrada nº 76; (371) Paxonal nº 63; (370) Paxonal nº 29-31.

*Paradas alternativas no desvío: (388) Ponte de Sar nº 41. A seguinte parada a realizar, sendo a máis próxima á zona do Paxonal será a parada (42) rúa Amor Ruibal nº 17.


Para calquera consulta acerca de horarios e percorridos das distintas liñas, teñen á súa disposición o teléfono de información do transporte urbano, con información a tempo real do estado do servizo, 901120054.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.