tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos de transporte para o ciclo "Atardecer no Gaiás" (Cidade da Cultura, verán de 2017)

03/07/17
Informamos dos servizos de transporte con motivo dos eventos que terán lugar na Cidade da Cultura, enmarcados no ciclo "Atardecer no Gaiás", os xoves, venres e sábados durante os meses de xullo e agosto:
O acceso á Cidade da Cultura realízase a través da liña 9. No enlace adxunto poden consultar os seus horarios e itinerario.

Para a volta tras a finalización dos concertos, prolongarase un servizo da liña C11 á Cidade da Cultura, que irá en sentido Fontiñas e C. C. As Cancelas, e desde alí cara o centro da cidade.

O seu horario de paso aproximado pola CDC será o seguinte:

*Xoves e venres laborables, os días 6, 7, 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de xullo; e os días 3, 4, 10, 11, 17, 24 e 25 de agosto): 22:45 horas.

*Sábados (os días 8, 15 e 22 de xullo; e os días 5, 12 e 26 de agosto): 22:50 horas.


Ligazóns