tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos na liña 6 por corte de tráfico na Ponte de San Lázaro (a partir do xoves 17/8/2017)

14/08/17

Con motivo dun corte total de tráfico que terá lugar na Ponte de San Lázaro, a partir do xoves 17 de agosto, a liña 6 realizará os seguintes desvíos:

*Sentido San Marcos: tras rematar a rúa de San Lázaro, os autobuses desviaranse cara a rúa das Estrelas (acceso pola rotonda baixo a SC-20) e rúa do San Martiño, para enlazar có seu itinerario habitual ao inicio da costa de San Marcos.

Queda suprimida a parada 396, Ponte de San Lázaro, sentido de subida a San Marcos. Parada alternativa máis próxima: rúa de San Lázaro, no desvío a Palacio de Congresos.

*Sentido centro - Os Tilos: saídas de San Marcos (ou Bando, Vilamaior nas súas prolongacións) con itinerario habitual ata a parada do hotel Santiago Apóstol. Desde ahí desviarase pola rúa San Martiño e rúa das Estrelas, retomando o itinerario habitual na rúa de San Lázaro.

Queda suprimida a parada 385, Ponte de San Lázaro, sentido centro. Parada alternativa máis próxima: rúa de San Lázaro, museo Pedagóxico.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.