tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña P1 por obras no Carme de Abaixo e estrada de Figueiras (xoves 22/3/2018, de 9:30 a 19:00)

19/03/18

O xoves 22 de marzo entre as 9:30 e as 19:00, a liña P1 realizará os desvíos que se indican de seguido:

*Sentido Est. de autobuses - Folgoso:

A liña realizará o seu itinerio habitual ata Cruceiro de Gaio, para desviarse por Poza de Bar, San Lourenzo, avda. Mestra Victoria Míguez, AC-543 estrada de Noia, A Barcia, rúa Piñeiro de Villestro, O Carballal, rúa da Eira Nova, para incorporarse ao seu itinerario habitual en Codesedas e continuar sentido Figueiras e Folgoso.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (164) Carme de Abaixo 2; (162) Carme de Abaixo, cruce Monte Pío; (176) Casas do Rego 2; (122) Bar de Abaixo 2; (124) Bar de Arriba 2; (595) Sarela, cruce Pedroso 2; (52) As Moas de Arriba 2; (199) Correxíns 2; (192) Codesedas 3. (as paradas de Sarela, Moas de Arriba, Correxíns e Codesedas as realizará o autobús cando volte cara o centro, para posibilitar tanto a baixada como o acceso de usuarios. As zonas de Casas do Rego, Bar de Abaixo e Bar de Arriba quedarán sen servizo, sendo a parada máis próxima a 595 en Sarela, cruce Pedroso).

*Sentido Folgoso - Est. de autobuses:

A liña realizará o seu itinerario habitual ata Sarela, cruce Pedroso, donde cambiará o sentido da marcha e desviarase por Codesedas, rúa da Eira Nova, O Carballal, rúa Piñeiro de Villestro, AC-543 estrada de Noia, A Barcia, avda. Mestra Victoria Míguez, San Lourenzo, avda. das Burgas, avda. da Coruña, Xoán Carlos I, e retomará itinerario na rúa da Senra.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (123) Bar de Arriba 1; (121) Bar de Abaixo 1; (175) Casas do Rego 1; (165) Carme de Abaixo nº 25; (163) Carme de Abaixo 1; (225) Cruceiro de Gaio, sent. centro; (553) San Clemente, Alameda.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.