tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 15 por corte de tráfico na avda. Burgo das Nacións (xoves 3/5/2018, de 9:30 a 20:30)

30/04/18

Con motivo dun corte de tráfico na avda. Burgo das Nacións o xoves 3/5 entre as 9:30 e as 20:30, a liña 15 realizará o seguinte desvío:

Traxecto en sentido Campus Norte: despois da avda. de Coimbra, os autobuses desviaranse pola avda. Xoán XXIII, praza da Paz e avda. de Castelao, retomando o itinerario na rúa Ulpiano Villanueva.

Quedarán suprimidas as paradas: (137) Burgo das Nacións, fac. Económicas; e (136) Burgo das Nacións, colexio de Vite. As paradas alternativas máis próximas son a anterior e posterior ao desvío: (81) avda. Coimbra nº 28; e (461) Ulpiano Villanueva.

As saídas do Campus Norte cara o centro e Campus Sur non precisarán desviarse, realizando as paradas do Auditorio de Galicia e facultade de Económicas con normalidade.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poida ocasionar.