tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico no Cruceiro de San Pedro (sábado 5/5/2018, a partir das 10:00)

02/05/18

Con motivo da realización da actividade dos maios no barrio de San Pedro, o sábado 5 de maio desde as 10:00 ata a finalización dos servizos, as liñas 9, 13, C5 e C11 realizarán os seguintes desvíos:

*Desvío na liña C11:
A liña C11 desviarase pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario na rotonda de Concheiros.

Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño. (parada alternativa máis próxima: Virxe da Cerca, praza de Abastos).

-511 Rúa de San Pedro nº 58.

-219 Cruceiro de San Pedro.

-197 Concheiros nº 64. (parada alternativa máis próxima: avda. Rodríguez de Viguri, rotonda Concheiros).




*Desvío nas liñas 9, 13 e C5 (sentido sur, desde Fontiñas e avda. de Lugo ata Virxe da Cerca):
As liñas 9, 13 e C5 desviaranse pola avda. Rodríguez de Viguri, Anxo Casal, Pastoriza e rúa San Roque, continuando cós seus itinerarios habituais.

Paradas suprimidas:

-196  Concheiros nº 39 (parada alternativa máis próxima para as liñas 9 e C5: rúa Berlín; para a liña 13: avda. de Lugo, xulgados).

-220 Cruceiro de San Pedro.

-154  Campo da Angustia.

-557  San Domingos de Bonaval (parada alternativa máis próxima: Virxe da Cerca, praza de Abastos).

-639  Valle Inclán (La Salle) (parada alternativa máis próxima: rúa de San Roque).



Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas polas distintas liñas a demanda de usuarios.


Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.