tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

REFORZOS NO TRANSPORTE URBANO

Servizos nocturnos e reforzos nas festas da Ascensión 2018

08/05/18

As catro noites comprendidas desde a noite do mércores 9 ao xoves 10, ata a noite do sábado 12 ao domingo 13 de maio, terán servizo 12 liñas de transporte urbano:

*No enlace adxunto indícanse os traxectos e os horarios nocturnos que realizará cada liña. As liñas con servizo nocturno son: 1, 4, 5, 6, 7, 8, C11, P1, P2, P3, P7 e P8. Ademais, contarán coas seguintes prolongacións: Garabal-Son (L1), Casas Novas (L4), Rocha Vella (L5), Amio (L6), Bando-Vilamaior (L6), Fornás (L7), rúa Tambre-Boisaca (L8), Viso-multiusos (LC11) e Lamas de Abade (LP3).

*Reforzo na liña 1: o xoves 10, día festivo en Santiago, a liña 1 entre as 8:00 e as 15:00 funcionará como un día laborable (cada 16 minutos) e prolongarase en todas as viaxes nese horario ao recinto feiral de Amio. As restantes liñas do transporte urbano prestarán o servizo dun festivo ao longo de todo o día, así como a liña 1 en horario de tarde (a partir das 15:00).


Documentación