tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos nas liñas C2, C5 e C11 por corte de tráfico na rúa París (sábado 9/6, de 18:00 a 19:45)

07/06/18

Con motivo da carreira III Milla do Deporte Solidario que terá lugar en Fontiñas o sábado 9 de xuño (entre as 18:00 e as 19:45), as liñas C2, C5 e C11 realizarán o seguinte desvío:

Os desvíos serán efectivos nos momentos en que se corte ao tráfico a rúa París (entre Varsovia e Berna), aproximadamente de 18:00 a 19:45, dependendo os horarios en todo caso do desenvolvemento da carreira.

*Liñas C2, C5 e C11 sentido sur: desde a rúa Bruxelas, os autobuses continuarán cara a rúa de Roma, retomando o seu itinerario habitual na rúa Londres.

Paradas suprimidas: (364) París, hotel Área Central.

Paradas alternativas: (132) rúa Bruxelas e (296) rúa Londres, EGAP.

*Liñas C5 e C11 sentido norte: desde a rúa Londres, os autobuses continuarán cara a rúa de Roma, rúa Bruxelas, retomando o seu itinerario habitual na rúa París.

Paradas suprimidas: (360) París, Área Central e (361) París, cruce Bruxelas.

Paradas alternativas: (297) rúa Londres, instituto e (363) rúa París, cruce Moscova.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.